martes, 22 de noviembre de 2011

























jejejej

La profe Mónica  Paula es muy guapa y la queremos mucho <3

OS CONTOS DE CUNQUEIRO

O HERDEIRO DA CHINA


- O herdeiro da China, que é un rapaciño algo curto, queríase casar, e seu pai, contra costume, deixoulle escoller muller. Amén de algo curto tiña pouca saúde, pintaba froles e paxaros, e tódalas noites, na súa cámara do pazo das Cen Veledas, soñaba que aloumiñaba limós redondos. Mandou o herdeiro que de todo o Imperio lle mandasen os retratos pintados en longas bandas de seda, das máis fermosas doncelas, e pasábase as mañáns i as seráns mirando para eles, e ningún atopaba do seu sabor, i ás noites seguía soñando que as súas mans pousábanse nun cestiño de pruma no que alguén tiña posto dous limós redondos… Chegou un correo da máis lonxana de tódalas provincias, e traguía ao señor príncipe herdeiro setenta retratos, e tódalas retratadas eran rapazas que sorrían, incrinando timidamente as xentís cabeciñas. E desenrolando o volume en que viñan as rapazas retratadas, co seu nome i a súa condición estofada ao marxe, atopouse o príncipe diante da gracia dunha neniña que ergueu pra il o rosto, abriu os verdes ollos, i as súas perfebas eran tan longas e mouras coma os pelos do pincel con que se pinta a primeira letra do nome do Dragón. Ambos miráronse longamente, i a rapariga, voltando ao acougo da pintada seda, púxose colorada. Mandou o príncipe herdeiro, fai agora once semáns, que lla trouxeran, e casou co ela, i as bodas alí fanse cunha linterna de papel pintado, i están os noivos agardando a que se consuma a veliña, e cando a linterna se apaga, a boda é feita. Regalouna o herdeiro con dúas sombrillas, un colar de pérolas, un caracol de prata e dez uñas de ouro, e cando rematadas as reverencias, quedáronse soios na cámara do pazo das Cen Veledas, o príncipe perguntoulle á esposa por que se puñera colorada na tela pintada. “El é, dixo a recén casada, que eu son ises limós redondos que as túas mans aloumiñaban na noite”. I o príncipe, que xa engordou catro libras cantonesas, cambioulle o nome á súa muller, co consello dos mandaríns, e todos puxeron por escrito naquelas súas letras tan aliñadas que a señora princesa chámase “O limón que sorrí na noite”.
A. Cunqueiro, Merlin e familia

O Tordavisco

Éste novo animal chámase Tordavisco:"A pedra de afiar as agullas" coa que os xastres burlentos chiflan nos apendrices que saen algo parvos,nn é tal pedra senón o ovo dun paxaro que se chama O tordavisco.
O tordavisco é como un galo. que non hai quen o mire, que de día e verde de noite e mouro e cando neva  branco é. E o máis listo de tódolos paxaros tan así,que cando o cuco se ergue polas mananciñas ben cedo vai o tordavisco e métese na súa cama,e aproveita que o deixou ben quente o cuco.O ovo do tordavisco, .e verde e fala.Asusta ós nenos que andan velando niñadas nas silveiras,dicindo a grandes berros:-Quen anda ahí!?

O Bolimarte

O Bolimarte é algo así como unha salamanquesa; outros din que o que semella é un alacrán. Ten crista roxa, coma de galo, na cabeza. Medirá unha media cuarta e o máis do seu corpo é rabo. Pon un ovo cada sete anos, e precisamente no niño do moucho; os ovos de moucho son brancos e o do Bolimarte é mouro, pero o moucho non se decata. Cando o Bolimarte nace o primeiro que fai é xantar as crías do moucho.
O Bolimarte vese poucas veces, pero cando se ve é porque vai haber un eclipse de sol. O Bolimarte tenlle medo ás fin do mundo e nas ocasións bótase a procura da campaña do home. Para que un home o reciba na casa en vispera do eclipse total de sol, o Bolimarte dá calquera cousa, é decir dá ouro ou di onde o hai. Recibido na casa, hai que alimentalo ben:  dous pitos por día. Abonda con  desplumalos que os come crus. Un amigo qué me conta do Bolimarte, dime que sabe más dunha familia, que se fixo rica dando de comer o Bolimarte, e cama cando ten medo. O Bolimarte por enriba do corpo trae unha camiseta, entre a camiseta e o corpo, ouro en fío, este dállo a quen o serve, pero non hai que tocar o fio de ouro deica unha hora que queima.
E como di que hai ouro o Bolimarte? Moi ben! Brinca unha fiestra e desde alí cospe forte, como unha tira-bolas de estopa, onde cae o cuspe fai un pouquiño de lume. Cando chegas co ouro, o Bolimarte ponse nas patas traseiras, e asubía.





Escola de menciñeiros. - Álvaro Cunqueiro
Cute Polka Dotted Pink Bow Tie Ribbon